Ilustrador: Pablo Auladell
Son dez os relatos que compoñen este libro, galardoado, entre outros, co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008.
Son dez os relatos que compoñen este libro, galardoado, entre outros, co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008.
Os personaxes teñen como nexo común recordos de amores e desamores, sentimentos íntimos que sempre perduran, momentos máxicos e inesquecibles, pero tamén amargos; amores adolescentes, secretos, imaxinados e nunca coñecidos; ou outros que perviven, como pantasmas, máis aló das súas vidas.
Cada unha das historias incluídas vén acompañada dunha emotiva ilustración, en tons escuros, alusiva á mesma, sendo os títulos destes relatos:
- Un radiante silencio
- Amor de agosto
- Esta estraña lucidez
- Unha historia de fantasmas
- Ríos da memoria
- Loanza da filatelia
- Unha foto na rúa
- Meditación ante o álbum de fotos familiar
- Despois de tantos anos
- Un río de palabras
Ademais, o autor, no anexo De amores e de libros, especifica os títulos das referencias ás que fai alusión.
Lendo este libro descubrirás, xunto aos seus protagonistas, que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformarte por completo e facerche ver a vida doutro xeito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario